lunes, 12 de junio de 2017

UN HORTO NO CENTRO - 4º ESO B e a profesora MARGA

Os/as alumnos/as de 4º B crearon un horto no exterior do instituto no primer trimestre e o estiveron a cuidar o resto do curso. Ademáis, elaboraron unhas fichas do plantado que podes consultar aquí.



domingo, 11 de junio de 2017

CÓMICS SOBRE A NOSA PAISAXE - 1º ESO

Os/as alumnos/as de 1ºESO, coa axuda da profesora de galego Gracia Martínez, elaboraron unhas bandas deseñadas sobre elementos da paisaxe de Baiona. Enlace a todolos cómics: https://detodounpoucoblog.wordpress.com/category/lingua-galega/

sábado, 10 de junio de 2017

Suite BAIONA E O MAR- 3º ESO, Dpto. Música

O departamento de música -o sexa, Xabier Groba-, contribuiu ao proxecto "Redescubrindo a nosa paisaxe" coa a preparación dunha suite formada por catro temas que poñen de manifesto a importancia do mar na nosa paisaxe. Todos/as os/as alumnos/as de 3º de ESO estiveron a ensaiar as obras durante todo o curso para ofrecernos, o pasado 8 de Xuño, un entretenido concerto.

martes, 16 de mayo de 2017

XOGO DE PISTAS por BAIONA - Ciclo de Animación Sociocultural



XOGO DE CIDADE
O xogo comeza nas praias de Baiona, cunha pequena representación teatral para introducilo. O alumnado de ciclo representa a chegada de mariñeiros dunha das carabelas tras o descubrimento de América, e piden aos destinatarios axuda para chear o seu barco de víveres e outros obxectos necesarios para seguir coa súa viaxe. Ao final da representación se lle da a cada equipo un mapa co percorrido de sitios que deben visitar para conseguilo.

As diferentes probas son:

1. HISTORIA DUNHA VACA
Na zona de A Palma, cóntaselle ao alumnado a historia da detención dunha vaca no Concello de Baiona. Posteriormente, indícalles que teñen que representar a detención a polo menos un turista, cos disfraces proporcionados

2. BIBLIOTECA
Na nova biblioteca de Baiona, o alumnado debe seguir as pistas ata atopar nun dos libros unha explicación sobre a historia do antiguo edificio da biblioteca, e o mapa para ir ata el e resolver unha adiviña.

3. BUSCAR O BOI
Na muralla do Parador de Baiona, o alumnado deberá buscar un boi. Explicaráselles o significado e historia deste, e posteriormente deberán reproducilo con materiais do entorno e celo e corda que se lles proporcionará

4. IGREXA DA MISERICORDIA
Explícase a historia da elaboración da imaxe da Virxe e a reproducción desta imaxe posteriormente noutro material, que o alumnado deberá averiguar. Posteriormente, teñen que representar un paso coa imaxe da Virxe ata a seguinte proba.

5. PORTO PESQUEIRO
O alumnado deberá buscar diferentes letras agochadas e compoñer unha palabra que resposte á pregunta “Cal é a embarcación típica de Baiona?”. Terán que representar cos seus corpos a palabra, gamela.

6. CASA DE NAVEGACIÓN
Explicaráse a relación de Baiona coa navegación, e a proba consistirá na realización dun percorrido polo patio da Casa con moitos obstáculos, simbolizando a viaxe América- Baiona.

7. FONTE
Na fonte restaurada, explícase aos rapaces e rapazas que cando a fixeron, non recolleron un elemento que si que estaba na fonte vella. Deberán observar a fotografía da fonte vella e adiviñar cal é ese elemento, e posteriormente reproducilo na fonte nova con pistolas de auga.

8. LAVADEIRO
As responsables da proba dan extractos dunha canción tradicional en inglés. O alumnado debe ordenalos. Unha vez composta a canción, deben conseguir a alguén de Baiona que lles faga un ritmo de base (palmadas ou similar), mentres eles e elas cantan.

9. VIRXE DA ROCHA
Pechan aos diferentes grupos cando chegan no parque infantil, e non poderán saír ata que atopen unha nota coas pistas para facelo. Explícaselles a relación que a Virxe da Rocha ten coa Estatua da Liberdade. De ahí, diríxeselles ás arbores sequoya que hai no IES, para finalizar o xogo coa representación teatral de novo.

FINAL: durante todo o xogo se realizará o xogo do totem: indícase unha palabra que non se pode pronunciar (exemplo: NON), e cada vez que alguén a pronuncie, se lle colocará o totem (unha pinza). Hai un único totem por grupo, que se irá colocando á última persoa que pronuncie a palabra prohibida. Ao chegar ao IES, formaráse un novo grupo cos que teñan o totem de cada equipo, e terán que realizar unha proba. Posteriormente, pedirase a cada alumno/a que elabore o seu propio mapa de Gulliver (un plano de Baiona no que sitúen as cousas para eles/as máis importantes). Este mapa servirá como avaliación para ver se acadamos o obxectivo de que coñezan a paisaxe cultural de Baiona.

ENLACE aos proxectos dos alumnos/as: https://www.dropbox.com/share/folders









viernes, 24 de marzo de 2017

BOSQUE DE KOKEDAMAS


Subimos un vídeo en el que mostramos un poco cómo fue la creación de nuestro bosque de kokedamas en el centro. Lo cierto es que nuestros compañeros, los alumnos y alumnas y sus padres nos han comentado que les gusta mucho y que hace más bonito el paseo por el centro. ¡Estamos contentos!